Igualdade no deporte
noviembre 9, 2016

A Deputación da Coruña informe sobre o documental de políticas de igualdade no deporte.

«Contra os elementos»  é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

O título refírese directamente por un lado, á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte, e por outro, é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera. 

Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña

www.contraoselementos.gal

Contra Os Elementos – YouTube

Entradas relacionadas

Visita oficial de la alcaldesa de A Coruña

Visita oficial de la alcaldesa de A Coruña

El miércoles 28 de febrero Inés Rey, acompañada del concellleiro de Deportes, Manuel Vázquez, y del responsable del gabinete de la Alcaldía, Chema Castrillo, realizaron una visita detenida a la zona de Oza-Lazareto, así como tuvieron una reunión con la junta directiva...