Inicio | El Club | KAYAK | ACTUALIDAD | Eventos | Escuela de Vela | Actividades Subacuáticas | Tablón de Anuncios | Actividades | Enlaces | Login | Marítima
 
 
Igualdade no deporte
noticias
Miércoles, 09 de Noviembre de 2016 14:02

A Deputación da Coruña informe sobre o documental de políticas de igualdade no deporte.

"Contra os elementos"  é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

 

O título refírese directamente por un lado, á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte, e por outro, é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera. 

Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña

www.contraoselementos.gal

https://www.youtube.com/channel/UCSQ8SVXlYiGuSF6aZFQHocA/videos?shelf_id=2&view=0&sort=dd