Inicio | El Club | KAYAK | ACTUALIDAD | Eventos | Escuela de Vela | Actividades Subacuáticas | Tablón de Anuncios | Actividades | Enlaces | Login | Marítima
 
 
Publicada la modificación de la Ley de Pesca de Galicia
noticias
Viernes, 18 de Diciembre de 2009 12:06

doga.jpgYa ha salido publicada en el DOGA la modificación de la Ley de Pesca de Galicia. Este es el enlace: http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/41F7A?OpenDocument
Los artículos que atañen a la pesca deportiva van del artículo 22 al 27.
Con posterioridad se desarrollará una orden reguladora o un decreto ley.

 

   «Artigo 22º.-Definición.A pesca marítima de recreo é aquela que se practica por entretemento, deporte ou afección, sen ánimo de lucro, en perfecta harmonía e respecto co exercicio da actividade pesqueira, marisqueira e acuícola profesional». Vinte e dous.-A letra c) do artigo 23º queda redactada do seguinte modo:«c) Pesca submarina, que se realizará nadando ou mergullando a pulmón libre.» Vinte e tres.-Engádese un artigo 23º bis coa seguinte redacción:«Artigo 23º bis.-Artes.1. No exercicio da pesca marítima de recreo, xa sexa desde terra ou desde embarcación, unicamente se poderán empregar aparellos de anzol, sostidos pola man ou a cana.2. Na práctica da pesca submarina unicamente se poderán empregar arpóns, frechas ou fisgas impulsadas pola man ou por medios mecánicos, e queda expresamente prohibido o emprego de equipos autónomos ou semiautónomos de mergullo, así como a utilización de artefactos hidroescorregadores ou similares. Nas embarcacións non se poderán levar a bordo simultaneamente arpóns de pesca e calquera dos equipos de mergullo anteriormente mencionados.» Vinte e catro.-Engádese un artigo 23º ter coa seguinte redacción:«Artigo 23º ter.-Especies.1. No exercicio da pesca marítima de recreo soamente se poderán capturar peixes e cefalópodos.2. As especies capturadas no exercicio da actividade pesqueira de recreo non poderán ser en ningÁºn caso obxecto de venda ou comercialización directa ou indirecta». Vinte e cinco.-Engádese un artigo 23º quater coa seguinte redacción:«Artigo 23º quater.-Prohibicións.No exercicio da pesca marítima de recreo queda expresamente prohibido:a) A utilización de artes, aparellos e Áºtiles distintos dos expresamente permitidos no artigo 23º bis.b) A utilización de substancias tóxicas, narcóticas, velenosas, detonantes, explosivas, corrosivas ou que contaminen o medio mariño.c) O emprego de luces e equipos eléctricos que sirvan de atracción para a pesca.d) A captura, a tenza e o desembarco de especies prohibidas, vedadas ou de tamaño ou peso inferior ao establecido regulamentariamente, as cales deberán ser devoltas decontado ao mar no caso de captura accidental.e) O exercicio da pesca recreativa submarina nas reservas mariñas así como nos canais navegables e de acceso aos portos, no interior deles e a menos de douscentos cincuenta metros das praias cando estean frecuentadas por bañistas.f) O exercicio da pesca recreativa submarina desde o solpor ata o amencer.g) Obstaculizar ou interferir as faenas de pesca marítima profesional, marisqueira ou acuícola». Vinte e seis.-O artigo 26º queda redactado do seguinte modo:«Artigo 26º.-Medidas de ordenación.1. Seranlle aplicables á pesca marítima de recreo as medidas de protección e conservación dos recursos pesqueiros establecidas para a pesca marítima profesional.2. Malia o anterior, a consellaría competente en materia de pesca poderá establecer medidas específicas para a pesca recreativa por razón da protección e conservación dos recursos pesqueiros, co fin de que esta non interfira ou prexudique a actividade pesqueira profesional.3. Estas medidas poderán consistir, entre outras, en:a) O establecemento de vedas temporais ou zonais.b) A prohibición de métodos, artes ou instrumentos de pesca.c) A determinación de tempos máximos de pesca, co obxecto de facilitar o control, a conservación dos recursos pesqueiros e a compatibilización da pesca profesional e recreativa.d) A fixación do volume máximo de capturas por persoa, barco, día e especie ou grupos de especies, así como das tallas ou dos pesos mínimos, que non poderán ser inferiores aos establecidos para a pesca profesional.e) A delimitación de zonas para a práctica da pesca recreativa submarina». Vinte e sete.-A letra a) do artigo 29º queda redactada do seguinte modo:«a) Zonas de libre marisqueo: bancos naturais cuxa explotación non está suxeita a unha autorización ou concesión administrativa. A consellaría competente determinará periodicamente as zonas de libre marisqueo, coa participación do sector na determinación das devanditas zonas».